A renovación do convenio de colaboración entre a Federación de Librarías de Galicia e a Consellería de Política Social e Xuventude permitirá un desconto do 5% en libros e do 10% en papelería e material escolar aos posuidores do Carné Xove en máis de 100 librarías de toda a comunidade.

Os datos non minten: segundo o último informe do Gremio de Editores, a mocidade lee cada día máis. Por iso, para manter esta liña ascendente, e fomentar o hábito lector entre os máis novos, a Federación de Librarías de Galicia e a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia veñen de renovar o seu convenio, un acordo que permitirá que todos aqueles rapaces e rapazas posuidores do Carné Xove poidan desfrutar descontos especiais nas librarías asociadas.

En total, máis de 100 librarías de toda Galicia ofrecerán un 5% en libros e do 10% en papelería e material escolar, unha vantaxe que se suma ao sorteo mensual que a Dirección Xeral de Xuventude realizarán entre as persoas usuarias do carné xove e a través das súas redes sociais, e premiará ao gañador ou gañadora cun vale de 50€ para gastar nalgunha das librerías adheridas ao programa.

Quen se beneficia destes descontos

Estes descontos beneficiarán a todos aqueles lectores ou lectoras que presenten o o Carné Xove da Xunta de Galicia, un documento que a Xunta envía de oficio e pode solicitarse tamén online, e que gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non cómpre renovalo.

Dende a Federación Galega de Librarías destacan a importancia de políticas que fomenten a lectura e o acceso á cultura de toda a sociedade, e, especialmente, dos eidos más novos, “creando así unha sociedade máis culta, máis preparada e, sobre todo, máis igualitaria para todos”.