A día de hoxe, os libreiros e as libreiras seguemos a ser unha parte imprescindible para o bo funcionamento da industria do libro. As librarías galegas organizámonos en torno á Federación de Librarías de Galicia, unha entidade nada en 1977 e cunha longa traxectoria na defensa do sector no país.
O pasado martes a FLG foi protagonista do programa da TVG “A porta aberta”, tivemos a oportunidade de dar a coñecer a través dun medio tan relevante como a televisión o noso colectivo, a Federación de Librarías de Galicia, a casa de todos as libreiras e libreiros galegos. Puidemos reivindicar a nosa profesión, presentar o que facemos, os nosos proxectos, en definitiva, poñer en valor ás librarías, parte imprescindible da cadea de valor do libro.
Convidámosvos a velo na seguinte ligazón: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/federaci-n-de-librar-as-de-galicia-6152741?t=636