As autoridades inauguraban o domingo primeiro de maio a Feira do Libro de Compostela 2022, primeira na que os cubrebocas non serán necesarios dende 2020, nun acto no que se reivindicou a importancia de disfrutar dos libros sen prexuizos e sen medida.
O evento contou coa presenza de Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Ramón Manuel Domínguez López, Presidente da Federación de Librarías de Galicia, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, Alcalde do Concello de Santiago de Compostela, e Berta Dávila como pregoeira.
A Feira do Libro de Santiago de Compostela abriu o domingo 1 de maio as súas portas, que permanecerán así até o vindeiro domingo 8, permitindo a compostelans e visitantes disfrutar das propostas literarias organizadas pola Federación de Librarías de Galicia. Podes descargar o programa completo da Feira neste link.
O acto de inauguración, que contou coa premiada escritoria Berta Dávila como pregoeira, daba comenzo ás 12:30 da mañá coa acuación da Asociación do Traxe Tradicional, dando paso despois ás palabras do presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Manuel Domínguez López, quen destacaba a importancia de posicionar as librarías como espazos de encontro e contacto, e o valor dos libros e da literatura na nosa sociedade, palabras refrendadas posteriormente tanto polo Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, como polo alcalde de Santiago de Composela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo.
O pregón de Berta Dávila resultou especialmente fermoso, percorrendo a emoción dese primeiro libro elixido por unha mesma na infancia e a importancia de disfrutar da lectura sen cortapisas.