O vindeiro 1 de agosto inaugúrase, ás 12.30 horas, a Feira do Libro da Coruña, co pregón da poeta Dores Tembrás, cun programa que propón 10 días de actividades culturais na cidade. Nesta nova edición participan 32 casetas -2 máis que no 2022-, 13 librarías da cidade, 9 librarías de fóra da Coruña e 7 editoriais, así como unha distribuidora de libros.
Desde o martes e até o vindeiro 10 de agosto, a cidade respirará literatura polos catro costados, cunha feira que é referencia no país, recibindo a visita cada ano perto de 150.000 persoas, entre veciñas da Coruña e turistas.
Para esta 52ª Edición da Feira do Libro da Coruña, a Federación de Librarías de Galicia elaborou un completo programa que amplía a actividade e propostas de ocio de anos anteriores, combinando sinaturas de libros, presentacións e mesas redondas para toda a familia. En total, preto de 300 actividades durante os seus 10 días de duración.
Entre as 11:00 e as 14:00 horas, e de 17:30 a 21:30, todos os coruñeses e visitantes poderán gozar dunha oferta cultural sen precedentes e da posibilidade de coñecer e conversar coas súas autoras e autores favoritos ou levar para a casa os seus libros preferidos cun 10% de desconto. A esta programación únense os eventos programados cada tarde nas dúas carpas, que darán cabida a faladoiros, mesas redondas, actividades culturais e de ocio, e presentacións de libros.
Podes descargar aquí o programa completo da Feira.