O acto inaugural da Feira do Libro de Ponteareas, previsto para o vindeiro xoves 13 de xullo ás 20:00 horas, será o evento oficial de saída para unha feira que contará con catro días de programación -desde xoves á tarde até domingo á tarde.

As feiras do libro de Galicia chegan esta semana a Ponteareas cunha proposta de ocio de cultura aberta a todos os públicos e pensada para gozar do verán na vila a golpe de páxinas.

O acto inuaugural, que contará co pregón de Alfonso Pexegueiro, terá lugar nos Xardíns do Auditorio o xoves ás 20 horas. Tras ese momento -e, en realidade, dende esa mesma tarde ás 18:00 horas- a vila pontevedresa vivirá catro xornadas completas de actividades para toda a familia, desde presentacións e sinaturas até citas de ocio infantil, para gozar do verán galego nas cinco casetas participantes.