As librarías galegas festexan o Día do Libro con datos positivos do sector: preto do 70% dos lectores prefire elixir as súas lecturas en librarías, fronte a grandes superficies ou portais online.
As librarías asociadas á Federación de Librarías de Galicia ofrecerán o habitual desconto este domingo, e programan nestes días actividades especiais, que poden consultarse na Axenda Cultural de Librarías de Galicia.
Lectores por puro pracer, lectores por estudio, lectores gourmet, lectores omnívoros… os datos dos últimos estudios deixan claro que todos eles, sen excepción, prefiren as librarías como fonte para adquirir os seus libros. Preto do 70% dos lectores galegos asegura que mercar os libros na libraría é preferible a facelo en calquera outro espazo, dende grandes superficies a portais online.
Con estes datos sobre a mesa afrontan as librarías galegas o Día do Libro 2023, unha xornada festival que este ano coincide coa fin de semana, polo que moitas librarías programan accións nos días anteriores ou seguintes, que poden consultarse Axenda Cultural de Librarías de Galicia, coas que salpimentar unhas xornadas festivas que anticipan un aumento de visitas con respecto a anos anteriores.
Ademais, as librarías asociadas aproveitarán as súas redes sociais -e as redes propias da Federación de Librarías de Galicia- para facer aos lectores e lectoras galegos as mellores e máis sorprendentes recomendacións literarias.
Para completar as celebracións, a partir do venres e ata domingo, a Feira do Libro de Ferrol abre un programa que levará estes importantes eventos culturais a 14 vilas e cidades de todo o país.