“Un ano en positivo, cheo de traballo e con moitos retos por diante”. Así valora a directiva da Federación de Librarías de Galicia o 2023 que está a piques de rematar. Co peche administrativo do ano á volta da esquina, facemos un balance e enfrontamos o 2024 cos datos positivos de 2023 como punto de partida.

“Rematamos o ano con máis librarías federadas que nunca, cun total de 147 librarías socias, o que permite á federación erixirse como entidade representativa dentro do sector. Dende pequenas librarías independentes até librarías de gran volume, as catro provincias están agora mesmo representadas na Federación, e iso é un triunfo do asociacionismo e do traballo colectivo”, apuntan desde a directiva.

O balance de actividade é tamén positivo. Ás xornadas de formación para profesionais desenvolvidas ao longo do ano súmanse as dúas iniciativas máis públicas da entidade.

Por unha banda, as Feiras do Libro de Galicia, que este ano contaron con catorce municipios participantes e unhas cifras de participación e vendas que aumentaron con respecto ao 2022: 641 sinaturas de libros, 81 máis que de 2022, cunha asistencia final de 7850 persoas, 1749 máis que no ano anterior, un total total de 294 actividades, nas que participaron 8615 persoas, 22 actividades e 2097 asistentes máis que no 2022. Ademais, o 90% das librarías participantes apuntan vendas un 5% por riba dos datos do ano pasado.

Por outra banda, a posta en marcha dunha nova iniciativa, a Axenda Cultural de Librarías de Galicia, que permite ás librarías socias publicar as súas actividades, dende presentacións a sinaturas, pasando por clubes de lectura ou talleres creativos, de forma sinxela e eficiente. A persoa lectora pode acceder a través da propia web da federación, no apartado Axenda, e coñecer as actividades da súa libraría de referencia, ou localizar as que máis lle interesen por temática, provincia, localidade ou mesmo data.

“En xeral, o sector goza de boa saúde, pero queda moito por traballar”, apuntan dende a directiva da Federación “é preciso seguir traballando na liña da divulgación, e facer forte o asociacionismo e a unión dentro do sector”.