O vindeiro 22 de xullo abre as portas a Feira do Libro de Rianxo, con pregón da escritora Arantza Portabales. Catro días de literatura, sinaturas, presentacións e eventos para todos os gustos nunha feira que contará este ano con 6 casetas participantes.

Non hai mellor forma de gozar dos últimos días de xullo que cunha boa lectura entre as mans… ben, tal vez si, tal vez presta máis desfrutalos escollendo esa lectura perfecta nunha contorna especialmente propicia. A Feira do Libro de Rianxo propón a todas as persoas visitantes encherse con esta maxia literaria e lectora na Praza de Castelao entre o sábado 22 e o martes 24 de xullo.

Unha proposta que convoca presentacións, sinaturas, coloquios e eventos lúdicos para todos os gustos, con seis casteas participantes e co pregón da escritora Arantza Portabales, que será a encargada, o sábado ás 13:00 horas, de dar por inaugurada esta feira con olor a mar e sabor a lectura de verán.