Entre o 6 de febreiro e o 3 de marzo as nosas librarías asociadas agasallarán aos lectores e lectoras que merquen un libro en galego cunha escolma de textos da autora (até rematar existencias).

As librarías galegas dan a benvida as actividades do 2024 conmemorando o tradicional Día de Rosalía de Castro, con actividades que comezarán hoxe mesmo, martes 6 de febreiro. Desde este día e até o 3 de marzo todas as persoas que se acheguen a calquera das nosas librarías asociadas e leven para a casa unha nova lectura en galego recibirán, como agasallo, unha escolma de textos da autora. Un presente coordinado pola Casa de Rosalía en colaboración coa Fundación Xistral.

Ademais, como ven sendo tradición, a Federación de Librarías de Galicia convoca unha nova edición do “Concurso de Escaparate de Rosalía de Castro”, no que poderán participar todas as librarías asociadas que preparen un escaparate promovendo a grande referente da cultura galega. O prazo de participación remata o 23 de febreiro, e o premio para a libraría gañadora será unha visita guiada para 4 persoas ó Pazo da Matanza, un bolso, un neceser e unha axenda da escritora. Tamén haberá un agasallo para todas as librarías participantes que decoren o seu escaparate con este motivo (unha axenda de Rosalía).