A Federación de Librarías de Galicia anima a toda os galegos e galegas a achegarse á súa libraría amiga no vindeiro sábado 11 de novembro para celebrar o Día das Librarías 2023, ou aproveitar para descubrir calquera das moitas que apostan por celebrar a xornada con actividades festivas e recomendacións lectoras para todos os gustos.
Doce anos despois da súa instauración, o Día das Librarías -11 de novembro- celébrase en todo o Estado español con grande éxito de público, e Galicia non é unha excepción. Desde a Federación de Librarías de Galicia temos claro que este 2023 a coincidencia do Día das Librarías coa fin de semana será un aliciente para mellorar as cifras de participación do ano pasado, e seguir achegando o público á lectura e á cultura.
Algunhas das librarías galegas contarán con actividades especiais ese día, e todas elas, sen excepción, traballan xa na selección de recomendacións, porque novembro é tradicionalmente un bo mes para as novidades editoriais, e a cercanía do mes de Nadal fai esta data perfecta para coñecer as novas propostas. O noso presidente, Ramón Domínguez, aposta por “animar a todos os galegos e galegas a que visiten este sábado a súa libraría amiga, ou aproveiten para coñecer calquera das 147 librarías asociadas. Do mesmo xeito que hai unha lectura para cada persoa que le, tamén cada lectora ten unha libraría perfecta para ela, e que mellor momento que o Día das Librarías para descubrir a túa propia?”.