A Feira do Libro de Vigo abre as súas portas este venres vindeiro para propor 7 días de actividades, sinaturas e ocio vencellado á literatura no barrio do Calvario.
Que Vigo é unha cidade universal é ben sabido, pero o vindeiro venres 23 transformará por completo o Barrio do Calvario para facer del o epicentro da cultura coa posta en marcha da Feira do Libro 2023, unha cita que permitirá á xente da cidade e visitantes gozar de 7 días de actividades culturais, propostas lectoras, presentacións de libros e sinaturas, nunha nova localización.
O acto de inauguración, previsto para as 11 da mañá do venres 23, contará co pregón da escritora María Oruña. Desde ese momento, dez propostas repartidas en nove casetas libreiras convivirán coas actividades programadas para todos os amantes dos libros, sen distinción de idade.
Queres participar? Velaquí tes o programa completo.