Na Federación de Librarías de Galicia estreamos identidade gráfica, cun redeseño do noso logo tradicional. A nova imaxe segue a ter os libros como protagonistas. Un libro que se escolle dunha balda. Unha elección dentro dun grupo diverso que ao inclinalo, forma unha letra ele, entre moitas
outras, evocando a multitude de librarías que forman parte da nosa entidade.

A tipografía elixida para o logotipo é a familia tipográfica Lato. Tanto pola súa lexibilidade como a súa polivalencia en distintos tamaños e apliacións.

E a paleta de cores mantén o azul que nos é propio, escollendo dúas tonalidades que se complementan e conforman un contraste moi agradable e versátil.

O resultado é unha nova imaxe, icónica, actual e contemporánea que se adapta moi ben a distintos soportes e aplicacións.