Loading Events

As Feiras do Libro Antigo e de Ocasión de Galicia congregan ás librarías que queren achegar ao público libros descatalogados, rarezas e tamén algúns tesouros bibliográficos. Nesta 32ª Edición, estas feiras percorren de novo Santiago de Compostela, Vigo, Lugo e A Coruña: non perdas a túa oportunidade de participar!

Chega a 32ª Feira do Libro Antigo e de Ocasión á Coruña!

Lugar: Xardíns de Méndez Núñez

Datas: 14 de agosto – 3 de setembro

Horario: De 10.30 a 14h e de 17 a 22.00 h