Viveiro chega decidida a converterse nunha das Feiras do Libro inesquecibles para os galegos e galegas este 2023, e cunha aposta clara: protagonismo especial para os máis pequenos e pequenas da casa. Por iso, nesta ocasión o pregón tradicional, que se celebrará o sábado 12 de agosto, ás 13:00 horas, os Xardíns de Noriega Varela, repartirase entre dúas pregoeiras: Nazaret López como pregoeira tradicional, e Emily Sofía Castañeda como pregoeira infantil.

Dende ese momento, e até o martes 15 de agosto, sucederanse as sinaturas e presentacións nunha feira que contará con 12 propostas específicas divididas en 11 casetas, e máis dunha vintena de autores e autoras, ás que se sumarán as actividades culturais para toda a familia, desde teatro a contacontos ata música e presentacións.

Coa Feira do Libro de Viveiro da comezo o peche das datas estivais, que rematarán con Foz e Monforte nas vindeiras semanas.

Nesta ligazón podes descargar o programa completo da Feira.