A Federación de Librarías de Galicia e a Xunta de Galicia presentaron esta semana as 14 citas dentro do calendario de Feiras do Libro de Galicia para este 2023.

Comeza o percorrido das Feiras do Libro de Galicia 2023, un proxecto que cada ano enche as rúas de diversos concellos de libros, eventos culturais e paixón lectora, e que este ano visitará 14 localidades en toda Galicia, comezando o vindeiro venres 21 de abril en Ferrol, e rematando o 26 de agosto en Monforte de Lemos.

Entre medias, Porriño, Lugo, Vilalba, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz. En total, catorce citas coa lectura nas rúas, que prometen achegar a literatura a todos os transeúntes, e que pronto comezarán a desvelar os seus programas.

Un xeito moi noso de vivir os libros.

Calendario completo de Feiras do Libro de Galicia

Ferrol | 21 – 23 de abril Praza da Constitución
Santiago de Compostela | 29 de abril – 7 de maio Paseo Central da Alameda
Porriño | 11 – 14 de maio Rúa Ramón González
Lugo | 16 – 20 de maio Praza Maior (arriba)
Vilalba | 2 – 4 de xuño Praza da Constitución
Ourense | 7 – 10 de xuño Rúa do Paseo
Redondela | 15 – 18 de xuño Alameda
Vigo | 23 – 29 de xuño Peonil do Calvario 1
Ponteareas | 13 – 16 de xullo Praza Bugallal
Rianxo | 22 – 25 de xullo Praza Castelao
A Coruña | 1 – 10 de agosto Xardíns de Méndez Núñez
Viveiro | 12- 15 de agosto Xardíns de Noriega Varela
Foz | 17 – 20 de agosto Praza de Conde Fontao
Monforte de Lemos | 23 – 26 de agosto Rúa do Cardeal

As Feiras do Libro de Galicia están organizadas pola Federación de Librarías e conta co apoio da Xunta de Galicia.