O vindeiro 22 de abril celebrarase a gala na que se darán a coñecer as obras gañadoras nas 13 categorías dos premios nesta octava edición de 2023

Os premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria e editorial en Galicia durante o ano 2022, escolleron aos seus finalistas para esta octava edición que suman trinta e nove candidato/as entre títulos, iniciativas, proxectos e profesionais. As gañadoras dos premios Follas Novas 2023 daranse a coñecer na gala a celebrar o vindeiro 22 de abril no Teatro Principal de Compostela. Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta de Galicia.

As trinta e nove obras finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso de selección de catro fases e que supón unha lectura e valoración completa de toda a produción editorial galega. O proceso supón unha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras que supuxo a selección dun cento de títulos entre os publicados ao longo de 2022. Dese conxunto de obras, o xurado desta edición fixo unha primeira escolma da que resultaron escollidas as candidatas en cada categoría. A terceira fase de selección é a actual, na que o xurado escolleu as obras finalistas por cada categoría. O proceso terá o seu cumio o sábado, 22 de abril de 2023, co anuncio das obras, iniciativas e profesionais gañadoras. Nese día celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela a xa tradicional gala de entrega de premios Follas Novas do Libro Galego.

Listado Finalistas dos Premios Follas Novas 2023

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN

  • A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia
  • A música das palabras. Darío Xohán Cabana. Edicións Xerais de Galicia
  • Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza. María do Cebreiro. Editorial Galaxia

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN

  • Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo. Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Editorial Galaxia
  • O libro negro da lingua galega. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia
  • Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA

  • Non penses nun elefante rosa. Antía Yáñez. Edicións Xerais de Galicia
  • Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia
  • O tradutor de sombras. Moncha Fuentes. Edicións Xerais de Galicia

PREMIO Á OBRA INFANTIL

  • Animalario de ler a diario. Eduard Velasco (autor), Nuria Díaz (ilustradora). Edicións Xerais de Galicia
  • O gran libro da nosa horta. Blanca Millán. Edicións do Cumio
  • O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R. (lustrador). Edicións Xerais de Galicia

PREMIO Á OBRA XUVENIL

  • A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia
  • A lebre mecánica. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
  • Que me pare o corazón se te esquezo. Andrea Maceiras. Edicións Xerais de Galicia

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO

  • Cando leo. Bea Gregores, (autora, Eva Mejuto). Edicións Xerais de Galicia
  • Verme. Federico Fernández. Germán González. Kalandraka Editora
  • Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente. Ramón D. Veiga (autor), Iván R. (ilustrador) Edicións Embora

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR

  • Miñoca e pega. Iván Raña, Ramón Veiga. Edicións Xerais de Galicia
  • Pequena historia de Vigo. Pedro Feijoo, Xosé Tomás. Edicións Embora
  • Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo. Demo Editorial

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA

  • Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero). VV. AA. Edición de Marta Dacosta. Chan da Pólvora Editora
  • Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
  • Entre leiras e labores (antoloxía verbo-visual de autoras galegas). VV. AA. Editado por Inma Doval. Editora Urutau

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA

  • Carol. Patricia Highsmith / Traducido por María Alonso Seisdedos. Kalandraka Editorial
  • Léxico familiar. Natalia Ginzburg/ Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento
  • O verán en que miña nai tivo os ollos verdes. Tatiana Țîbuleac / Traducido por Andreea Birsanu. Rinoceronte Editora

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA

  • Barroco. Antía Otero. Apiario
  • Materia. Yolanda Castaño. Edicións Xerais de Galicia
  • Montaña Ioga. Lupe Gómez. Edicións Espiral Maior

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO

  • As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia
  • Chévere (1987-2022).Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
  • Estrela… fugaz? Carlos Labraña. Editorial Galaxia

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO

  • Barroco. Antía Otero. Apiario
  • Chévere (1987-2022), Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
  • Criptografías. Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. Alvarellos Editora

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA

  • Canle de Youtube de Neeumatiko
  • Surfeando libros
  • Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña