A Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (CEGAL) acaba de facer público un comunicado no que defende a pervivencia do Ministerio de Cultura e as políticas de fomento da lectura, ante as preocupantes manifestacións dalgúns líderes políticos, nas postrimerías das vindeiras eleccións xeráis. “Ante as próximas eleccións xerais do 23X, a CEGAL defende a existencia dun Ministerio de Cultura, coa pervivencia da Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura; con orzamentos propios e a posibilidade de dar continuidade no tempo aos proxectos que inciden no fomento da lectura e o apoio ás librerías independentes.”
Así comeza o comunicado que CEGAL acaba de facer público, e ao que a Federación de Librarías de Galicia presta o seu apoio sen condicións, ante as vindeiras eleccións xerais.
Desde a directiva da Federación Galega de Librarías queren deixar clara a necesidade de “pór freo a todas aquelas políticas que resulten lesivas para a cultura e, por engadido, para a liberdade de expresión e de pensamento crítico”. Segundo expresan dende a directiva do ente galego, “as manifestacións realizadas e medidas adoitadas por algúns representantes políticos nas últimas semanas fan máis necesario que nunca apostar pola pervivencia das políticas culturais e de fomento de lectura, dotándoas convenientemente”.
A Federación Galega de Librarías quere deixar claro “o noso profundo rexeitamento a calquera medida que supoña censura, menoscabo da capacidade de opinión e crítica, ou que atente contra o acceso igualitario á cultura para toda a cidadanía”.
As industrias culturais representan un 2,2% do Produto Interior Bruto, situándose no 3,2% se se inclúen as actividades vinculadas coa propiedade intelectual, e, ademais de por o seu potencial económico, o libro e a lectura destacan polo seu valor social, integrador e innovador. Nos últimos anos, non só os hábitos de lectura aumentaron (un 67,2% en 2018 fronte ao 68,4% en 2022), senón que o sector editorial español creceu un 1,1% en 2022, mentres non o facía noutros países europeos, e as librerías independentes están a ser capaces de soster a competencia das grandes plataformas tecnolóxicas, co seu crecemento e a súa presenza dinámica en barrios e municipios como axentes culturais de proximidade.