A Federación de Librarías de Galicia conmemora o vindeiro 17 de maio as Letras Galegas reivindicando a literatura escrita en galego, e anima aos lectores e lectoras a mergullarse na lingua propia cun desconto especial de até o 10% os días 16 e 17 de maio.

A Federación de Librarías de Galicia aborda con espíritu reivindicativo este vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas. Mentres o sector literario e editorial galego ven de amosar a súa calidades e interese, coa publicación de obras de altísimo recoñecemento no pasado 2022, o certo é que as cifras de lectores e lectoras en lingua galega son aínda baixas: apenas o 4% elixe o galego como lingua nas súas lecturas, segundo recolle o informe elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE).

Unha cifra, que, ainda sendo baixa, mellora os ratios do ano anterior, polo que dende a Federación de Librarías de Galicia amósanse “optimistas pero, sobre todo, loitadores e traballadores para situar as letras galegas onde lles corresponde”.

Por iso, esta vindeira xornada festiva, as librarías galegas ofrecerán até un 10% de desconto nos libros en lingua galega os días 16 e 17 de maio como un xesto reinvidicativo para o fomento da lectura en lingua nai.

Ademáis, moitas librarías asociadas organizan nos días anteriores e posteriores á data sinalada actividades vencelladas a esta conmemoración, que poden consultarse na Axenda Cultural de Librarías de Galicia.