Vilalba acolle esta próxima fin de semana, os días 3, 4 e 5 de xuño na praza da Constitución, a segunda edición da súa Feira do Libro ‘Vilalé 2022’, cun ampla programación e actos para todas as idades, enmarcándose este evento no programa das Feiras do Libro de Galicia.

A Feira dará inicio o venres coa “Festa das Primeiras Letras’, unha proposta do Concello de Vilalba para promover a lectura e a socialización en galego de nenas e nenos de 0 a 6 años. Inclúe dúas actuación infantís: ‘O tranvía Leonardo’, de Fantoches Baj; e ‘A máquina do tempo’, por Teatro Ghazafelhos.

Vilalba será durante tres días a capital do libro en Galicia e pola feira pasarán autoras locais como Antía Yañez, Cecilia Santomé, Luz Airado e María Xosé Lamas. Tamén contarase coa presenza para facer sinaturas de Marisa Vidal Collazo; Rober Cagiao; Juan Galán; Xesús Rábade Paredes, ou Brenda Mondelo.

O horario da feira será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Haberá tamén obradoiros durante os tres días e un 10% de desconto na compra dos libros.

Os establecementos e entidades participantes son a Libraría Tótem; Libraría Pedreira; Libraría Cortizas; Libraría Andel; Carlin; Iescha/Biblioteca Vilalba; Libraría Paperix; Libraría Pergaminos, e a Deputación de Lugo. Este ano haberá pregón a cargo da escritora vilalbesa Luz Airado, que publicou recentemente a súa obra ‘Instintos’.

Podes descargar o programa completo aquí.