Ledicia Costas, Antía Otero, Paula Carballeira, Eva Mejuto, María Alonso Seisdedos e Berta Dávila entre as premiadas na octava edición

Os premios Follas Novas renderon homenaxe a Ediciós do Castro, a libraría Númax, e a escritora mexicana Lydia Cacho

A oitava gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego pecharon a súa edición deste ano coa tradicional gala que deu a coñecer aos ganadores en cada unha das trece categorías destes galardóns. A gala celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela serviu de repaso da intensa e prolífica actividade do mundo do libro durante o ano 2022.

A gala foi presentada por Patricia de Lorenzo, actriz de Chévere Teatro, co seu personaxe das Fillas Bravas, Isaura, coa participción musical do grupo Noar, segundo clasificado nos Premios Narf. Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Fedración de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO.

O presidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos, falando no nome das tes asociacións organizadoras realizou o discurso institucional falando das “luces e desexos” do mundo do libro en Galicia. Segundo o presidente das editoras galegas é imprescindible “un verdadeiro, transversal, sedutor e ben dotado Plan de Lectura en galego. A lectura, e a cultura, debe ser un eixo fundamental das políticas públicas, ao mesmo nivel que as políticas sanitarias, as educativas e as de servizos sociais. Galicia segue á cola das comunidades lectoras do Estado Español”. Alvarellos sinalou que en ausencia deste plan “está a ser cuberta pola acción, moitas veces individual e altruísta, das persoas creadoras, das librarías que estenden oseu horario para dar acubillo a tantos actos, das editoras que organizan,organizamos, todo tipo de accións de activismo cultural, da grand labor dos clubesde lectura, das docentes, do persoal das bibliotecas…”

Premios honoríficos

Cada unha das tres asociacións organizadoras entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais. Os galardóns desta edición son para Ediciós do Castro, pola Asociación Galega de Editoras; a libraría Númax, pola Federación de Librarías de Galicia, e a escritora mexicana con orixes galega Lydia Cacho, nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como escritora galega universal.

Ediciós do Castro

O premio da Asociación Galega de Editoras foi para a histórica editorial Ediciós do Castro por ter contribuído de maneira tan decisiva á existencia do libro galego e por unha traxectoria que exemplifica como poucas o compromiso co saber e a literatura galega. Henrique Alvarellos salientou a “extraodinaria importancia histórica desta editoral que agora cumpriría sesenta anos”. O premio será recollido por Xosé Díaz, fillo do fundador da editorial, Isaac Díaz Pardo.

Libraría Númax

O recoñecemento da Federación de Librarías de Galicia correspondeu este ano a Libraría Númax, de Santiago de Compostela. O presidente das Librarías explicou que Númax representa todo o que se pode esperar dunha libraría, “unha libraría con inquedanzas, con curiosidade intelectual, con moitas actividades, e integrada nun espazo cultural cunha oferta leva de man cine e libros”.

Lydia Cacho

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Lydia Cacho, xornalista mexicana, con raíces galegas, activista feminista e defensora dos dereitos humanos, como Escritora Galega Universal en 2023, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra. A AELG salienta con este recoñecemento o seu traballo sobre o feminicidio en Ciudad Juarez, polas súas investigacións sobre a prostitución infantil.

O xurado desta octava edición estivo formado por Cristina Barbeito Vázquez, David Cortizo Conde, Antonio M. Fraga Allegue, Tensi Gesteira, Lucia Novas Garrido, Montserrat Pena Presas e Nuria Vilán Prado.

LISTADO DE OBRAS PREMIADAS NOS FOLLAS NOVAS DO LIBRO GALEGO 2023

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN

A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN

Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA

Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia

PREMIO Á OBRA INFANTIL

O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R.(lustrador). Edicións Xerais de Galicia

PREMIO Á OBRA XUVENIL

A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. EdiciónsXerais de Galicia

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO

Verme. Federico Fernández. Germán González.Kalandraka Editora

PREMIO AO LIBRO DE BANDADESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR

Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo e BraisFierro. Demo Editorial

PREMIO Á INICIATIVABIBLIOGRÁFICA

Chévere 1987-2022. Trinta ecinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA

Léxico familiar. Natalia Ginzburg/Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA

Barroco. Antía Otero. Apiario

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO

As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO

Barroco. Antía Otero. Apiario

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA

Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña