A Federación de Librarías de Galicia

A Federación de Libreiros de Galicia é unha institución sen fins de lucro que foi constituida en 1977 por un grupo de libreiros e libreiras comprometidos. Integrada actualmente por 141 librarías de toda Galicia, leva 45 anos traballando pola defensa dos os intereses comúns do sector, e fomentar o crecemento dos lectores con diversas campañas.

Obxectivos

Os obxetivos da Federación, entidades sen ánimo de lucro son:

1. Promover e defender os intereses comúns dos seus membros e os intereses colectivos do sector libreiro.

2. O incremento da actividade mercantil relacionada co sector.

3. Defender os seus asociados contra actos de competencia desleal, intrusismo, incumprimento dos usos mercantís propios do ramo.

4. Representar os intereses colectivos dos libreiros cando sexa posible conforme coa lexislación vixente, en instancias administrativas ou xurisdiccionais.

5. Manter relacións cos distintos organismos e entidades, públicos ou privados, para o fomento da acción libreira, a difusión do libro e os intereses colectivos.

6. Calquera outros que axuden á coordinación, desenvolvemento e propósitos xerais e específicos da función libreira.

Medios

Para o cumprimento dos seus fins, a Federación utiliza, entre outros, os seguintes medios:

  • Participa, nos órganos administrativos e privados nos que se estableza a representación dos intereses relacionados co libro.
  • Participa, cando sexa solicitada a súa concorrencia, na política libreira e bibliográfica e intervirá directamente naquelas actividades que afecten ó mercado do libro, á comercialización e aos intereses profesionais dos asociados.
  • Fomenta e organiza feiras do libro tanto locais como de ámbito territorial da Federación.
  • Organiza ou colabora na organización de actividades culturais, recreativas ou sociais.
  • Con premios literarios: Premios Irmandade do Libro.
  • Participación activa en datas especiais para o fomento do libro: o Día das Letras Galegas, o Día do Libro, e Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.