Dende o venres 2 de xuño e até o domingo 4, o municipio encherá a súa Praza de Constitución de literatura e actividades culturáis para todos os públicos, nunha edición da Feira do Libro especialmente participativa.

O vindeiro venres 2 de xuño pola mañá abrirá as portas a edición 2023 da Feira do Libro de Vilalba, unha cita especialmente participativa e activa este ano, graza a ampla variedade de obradoiros, actuacións de teatro e contacontos infantís, froito da colaboración co Concello de Vilalba. Non faltarán tampouco os recitais, sinaturas e as presentacións de libros, programadas pola Federación de Librarías de Galicia ao aveiro do convenio asinado coa Xunta de Galicia, e da participación da Deputación de Lugo.

As tres institucións -Xunta, Deputación e Concello- estarán presentes ás 18 horas do venres no acto oficial de inauguración, que contará co pregón de Miriam Fernández Otero, historiadora e artesá textil.

Con sete casetas participantes e unha carpa de actividades que non dará descanso, a Feira do Libro de Vilalba permanecerá aberta dende o venres 2 de xuño á mañá até o domingo 4 pola tarde, dando a benvida ao mes de xuño da mellor forma posible: achegando os libros aos lectores e ás lectoras.

Queres participar na Feira do Libro de Vilalba? Velaquí o programa completo de actividades!