As librarías galegas están máis vivas que nunca, e o outono é, sen dúbida, o momento estelar para mergullarse dentro das mil propostas culturais e de ocio que os libreiros e libreiras galegas desenvolven cada ano nas catro provincias do país.

Para que toda esta actividade, que contempla dende presentacións de libros até contacontos, pasando por charlas literarias, clubes de lectura e obradoiros, sexa accesible a todo o público, a Federación de Librarías de Galicia acaba de poñer en marcha neste 2023 un proxecto, que conta co finanzamento da Xunta de Galicia, e que materializa unha web moi especial: a Axenda Cultural das Librarías de Galicia.

Esta axenda permite a todas aquelas librarías asociadas que se inscriban -147 librarías en toda Galicia- subir a súa programación de xeito sinxelo e rápido, permitindo ao público coñecer, dunha soa ollada, as actividades que ten a súa disposición.

Queremos fomentar a participación da sociedade nestas actividades, aumentar a oferta de ocio nas localidades, visibilizar o labor cultural que desenvolven as librarías galegas, e ser un espazo de información e relación tamén entre as propias librarías e os seus clientes”, explica Ramón Dominguez, Presidente da Federación de Librarías de Galicia.

Podes acceder aquí á axenda: axendacultural.librarias.org

A web, indexada dentro da propia web da Federación de Librarías, permite ao visitante escoller segundo diversos parámetros: tipo de evento, localización, público ao que vai dirixido, modalidade (online, presencial ou mixto), aforo, data, e mesmo modo de inscrición se este é necesario. Así a experiencia de atopar a proposta cultural ideal resulta extremadamente sinxela e rápida.

E se o que un desexa é deixarse sorprender, sempre pode recorrer á vista de paxaro do calendario completo, no que pode atopar os eventos e citas máis próximos claramente sinalados.

A Axenda Cultural de Librarías de Galicia actualízase de xeito moi fácil e accesible, proporcionando aos libreiros e libreiras galegas un escaparate á altura da enorme actividade que cada ano desenvolven, e que ben podería encher as páxinas dunha novela. Unha, claro, con final feliz y enchida de acción.